Barrera, Jazmina (1988-)

Punto de cruz / Jazmina Barrera - 1ª ed. - Madrid : Tránsito , 2021 - 234 p. ; 20 cm

A inesperada morte da mellor amiga da protagonista é o punto de partida desta novela, que narra a transición á idade adulta de tres adolescentes. O seu descubrimento dun mundo atravesado por violencias machistas, clasistas, racistas e ambientais que as asombra e decepciona a partes iguais. Punto de cruz cóntanos a relación entre Mila, Dalia e Citlali, quen atopa na amizade a ferramenta máis poderosa de coidado e resistencia. E tamén no bordado, unha actividade que ao longo de diferentes épocas e culturas reflectiu a represión e a liberdade, a comunidade e a arte. Esta novela é, ademais, a crónica dunha viaxe das protagonistas por Europa. Unha aventura chea de achados lingüísticos e culturais, na que o camiño de cada unha, e as súas feridas, empezan a perfilarse.


3º-4º ESO

9788412303681

821.134.2(82)-31"20"*V*S

Coa tecnoloxía Koha