Zorn, Steven,

Relatos de monstros / adaptación Steven Zorn, Pablo Antón ; tradución Xavier Senín ; ilustracións John Bradley ; notas e actividades Pablo Antón. - 1ªED/2012 - A Coruña : Vicens Vives, 2012. - 102 páxinas : ilustracións cor 21 cm. - CUCAINA .

Un robot deseñado para resolver problemas decide que o único problema que de verdade debe afrontar é o seu propio inventor... O incrédulo discípulo dun inspirado artista tenta rematar, para a súa desgraza, unha obra que o seu mestre considera acabada... Un sinistro enterrador que aborrece a xente feliz leva a sorpresa da súa vida cando uns trasnos o castigan severamente no cemiterio... Polas páxinas deste libro buligan toda clase de monstros concibidos pola imaxinación de autores como Charles Dickens, Mary Shelley ou Ambrose Bierce: un sorprendente dragón de ás douradas, un terrorífico lobishome, o monstro do doutor Frankenstein... Con algún destes contos tremerás de medo; con outros, en troques, sentirás unha grande emoción ou pasarás un anaco divertido. O que é seguro, é que, cando os coñezas a fondo, descubrirás que non todos os monstros son tan malvados como se conta e que os mais pavorosos son sempre os que crea a túa propia imaxinación.

3º-4º ESO 1º-2º ESO 3º-4º Primaria 5º-6º Primaria

9788468212661


Relatos terror
SAMAÍN

869.9-3 82N

Coa tecnoloxía Koha