Grandullón, o xigante abusón e outras pezas de teatro infantil / CALO IGLESIAS
por CALO IGLESIAS
.
Tipo: 






Elaí unhas peciñas de teatro infantil ben xeitosas coas que Calo Iglesias ven complementar o seu labor de educador comprometido e incansable a prol da paz. Se xa no seu momento ten el impulsado iniciativas e medios de expresión dirixidos a outros grupos de idade (coma aquel novedoso e interesante Antimatón para os adolescentes), non deixou de pensar en que había que cuidar aos máis pequenos, e tratar de imbuír neles -contrarrestando medios deseducadores e ambiente social negativo- as ideas de cooperación, de solidariedade, de defensa da natureza e de resolución dos conflictos mediante o diálogo.
»E debemos estarlle agradecidos, pois o seu acerto foi dobre. Ao tempo, ven facer unha importante contribución para ese teatro infantil galego, tan falto de pezas breves que os cativiños e cativiñas poidan representar. Ou que poidan servir para guiñol de monicreques e outras utilizacións lúdicas e festivas.
»Porque estas son unhas pezas para o divertimento ben... divertidas. Son un puro xogo co que os máis novos da aldea global disfrutan.»
Henrique Harguindey Banet
1º-2º ESO
3º-4º ESO