Vista normal Vista MARC Vista ISBD

7 herbas máxicas : para a túa saúde, beleza e benestar / texto, Rosalía Bermúdez Santos ; Ilustracións, Nanda Cabaleiro.

por Bermúdez Santos, Rosalía; Cabaleiro, Nanda.
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: A CORUÑA Hércules de Ediciones 2021 Descrición: 129 páxinas : ilustracións (cor) ; 17 x 24 cm.ISBN: 9788418966170.Materia(s): Plantas medicinais -- Uso terapéutico | GaliciaResumo: Se es amigo das herbas, dos debuxos, se che gusta o estilo de vida saudable, coidarte de maneira natural, se estás preocupado polo medio natural e pola redución dos plásticos, se che encanta o DIY, e vives tanto nunha contorna rural como nunha urbana? este libro é para ti. Desfrutarás das historias que xiran ao redor destas 7 herbas máxicas, 7 panaceas do mundo vexetal: a melisa, a herba luísa, o romeu, o sabugueiro, o ourego, a salvia e o áloe vera. Poderaste achegar ás súas propiedades e usos máis estendidos. E sobre todo, á súa aplicación práctica moi fácil. Poderás descubrir por ti mesmo todo o potencial que as plantas gardan para ti. Este é un libro apetecible, agradable de ver e de ler e, asemade, moi útil. Ademais de numerosos trucos herbais, levarás cinco preparados moi doados. Se tiñas dúbidas sobre como iniciarte no uso das plantas que te rodean para o teu coidado, acabas de coller o libro perfecto para empezar. Entraranche as ganas de ir creando o teu propio balcón ou xardín de herbas para o teu benestar e de realizar os teus propios remedios naturais ideais para o estilo de vida de hoxe en día. É unha obra que nace da conxunción do amor pola ilustración, pola arte de Nanda, e do amor polas plantas medicinais de Rosalía.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Nosa Señora de Xuvencos
Sala préstamo
58 BER her Dispoñible OEC049000006510

Se es amigo das herbas, dos debuxos, se che gusta o estilo de vida saudable, coidarte de maneira natural, se estás preocupado polo medio natural e pola redución dos plásticos, se che encanta o DIY, e vives tanto nunha contorna rural como nunha urbana? este libro é para ti. Desfrutarás das historias que xiran ao redor destas 7 herbas máxicas, 7 panaceas do mundo vexetal: a melisa, a herba luísa, o romeu, o sabugueiro, o ourego, a salvia e o áloe vera. Poderaste achegar ás súas propiedades e usos máis estendidos. E sobre todo, á súa aplicación práctica moi fácil. Poderás descubrir por ti mesmo todo o potencial que as plantas gardan para ti. Este é un libro apetecible, agradable de ver e de ler e, asemade, moi útil. Ademais de numerosos trucos herbais, levarás cinco preparados moi doados. Se tiñas dúbidas sobre como iniciarte no uso das plantas que te rodean para o teu coidado, acabas de coller o libro perfecto para empezar. Entraranche as ganas de ir creando o teu propio balcón ou xardín de herbas para o teu benestar e de realizar os teus propios remedios naturais ideais para o estilo de vida de hoxe en día. É unha obra que nace da conxunción do amor pola ilustración, pola arte de Nanda, e do amor polas plantas medicinais de Rosalía.

5º-6º Primaria

5º-6º Primaria

Coa tecnoloxía Koha